MÉDICOS FORENSES RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

Proceso selectivo extraordinario turno libre Concurso (Orde JUS/1325/2022 de 28 de decembro)
Luns, 16 Out 2023

Orde JUS/1125/2023, do 6 de outubro, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario para acceso pola quenda libre, no Corpo Nacional de Médicos Forenses, polo sistema selectivo de concurso, convocado por Orde JUS/1325/2022, do 28 de decembro.

Finalizado o prazo de presentación de instancias aprobase as relacións provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

As listas certificadas completas quedarán expostas ao público na páxina web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es), nas páxinas web das Comunidades Autónomas que convoquen prazas, e no punto de acceso xeral (www.administracion.gob.es).
 
Aquí tes o listado provisional de admitidos e excluidos:
 
 
En todo caso, ao obxecto de evitar erros e, no suposto de producirse, posibilitase a súa corrección en tempo e forma, así as persoas aspirantes deberán comprobar non só que non figuran na relación de persoas excluídas, senón tamén, que os seus nomes e demais datos constan correctamente na relación de persoas admitidas.
 
Tanto as persoas aspirantes excluídas como as omitidas por non figurar nas listas de persoas aspirantes admitidas nin nas de excluídas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado», para emendar os defectos que motivasen a súa non admisión ou a omisión simultánea nas listas de persoas aspirantes admitidas e excluídas.
 
A corrección da solicitude ou, no seu caso, a modificación dos datos da mesma, deberá realizarse en liña a través da aplicación de Inscrición en Probas Selectivas (IPS) do Punto de Acceso Xeral:
 
 
As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou non aleguen a omisión xustificando o seu dereito para ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo.
 
Se queres ver a resolución completa preme na seguinte ligazón:
 
 

Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal