MESA DE TRABALLO SOBRE A LEI DE EFICIENCIA

Venres, 26 Abr 2024

Este 25 de abril asistimos en Madrid ao grupo de traballo que se formou, a través da Mesa Sectorial, para negociar o proxecto da Lei de Eficiencia Organizativa. A proposta da CIG desde o principio foi que neste grupo de traballo non só se falase do articulado que toca o proxecto da Lei, senón que tamén había que falar de cuestións fundamentais e totalmente relacionadas como os centros de destino e as funcións, ao que o Ministerio accedeu inicialmente. Hoxe trasladounos que ningunha destas cuestións se ian tratar nos grupos de traballo, que este non era o momento porque corría presa aprobar esta Lei e alegaron que se entraban a negociar cuestións como as funcións implicaría modificacións procesuais e non consideran que sexa o momento idóneo. Ante isto a CIG decidiu deixar de asistir aos grupos de traballo e esixiu que convoquen a maior celeridade mesa sectorial para tratar as funcións e os centros de destino do persoal da administración de xustiza. O Ministerio finalmente axendou mesa sectorial para a semana do 16 de maio, comprometendose a traer as conclusións sobre o traballo feito neste grupo, xunto coa proposta de modificación do artigo 39 bis do Regulamento de Ingreso e Provisión de Postos. Iso si, teimaron en que non se tratarían os outros temas solicitados. Unha vez máis a Administración non ten vontade ningunha de negociar nada que se saia do seu guión e o único que procura e sacar adiante esa lei.

A CIG na mesa sectorial seguirá na liña de defender, por todos os medios, o mantemento dos centros de destino actuais e a clarificación das tarefas e funcións que corresponden a cada corpo.

Por iso facemos un chamamento a participar nas vindeiras mobilizacións que se convoquen, sendo a próxima a manifestación o sábado 27 en Madrid, no Ministerio de Xustiza, ás 12:00 da mañá.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal