
MESA DELEGADA E MESA SECTORIAL DE MADRID

O día 20 tivemos unha mesa delegada e outra sectorial co Ministerio para abordar distintos temas sobre o corpo de Letrad@s.
REFORZOS
En Galiza hai previsto crear cinco prazas, que corresponden ao número de reforzos que levan tres anos ou máis. Nas vindeiras semanas negociarase a ubicación das mesmas para modificar as RPTs correspondentes,.
SUBSTITUCIÓNS
O Ministerio volveu remitir un borrador para a modificación do Real Decreto de substitucións que, de ningún xeito soluciona os graves problemas que están a acontecer nese sentido, como que unha mesma persoa estea encargada de dous ou máis órganos durante varios meses, como denunciamos ante a Secretaria Xeral, o que está a ocorrer actualmente nunha vila galega. De feito, trasladamos ao Subdirector o mesmo malestar que en días pasados ao Secretario de Goberno, ante o feito de non cubrir unha praza nun instancia durante seis meses e establecer quendas entre outros titulares de órganos civís, sendo a xurisdición con maior aumento de traballo e pendencia na actualidade.
Como levamos tempo defendendo na CIG, todas as prazas vacantes deben ser cubertas por persoal substituto. Ademais, as substitucións han de ser:
- voluntarias
- co mesmo procedemento que o establecido para os corpos xerais (extinguindo as atribucións de funcións forzosas)
- remuneradas, coa mesma retribución do corpo ao que se substitúe, de producirse de xeito vertical
- consolidando o tempo de servizos para trienios, traxectoria, etc.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal