MESA SECTORIAL DE GALIZA 18-11-2025
Este martes tivo lugar unha mesa sectorial na que se abordaron os seguintes puntos:
TRAXECTORIA PROFESIONAL
A Dirección Xeral non se vai apartar nin unha coma do que se asine no ámbito da autonómica. A proposta actual para o grao III é igual que a convocatoria do ano pasado: consolidación en tres anos coas seguintes porcentaxes
- Auxilio e tramitación: 33% no 2025, 67% no 2026 e 100% no 2027
- Xestión e MF: 33% no 2026, 67% no 2027 e 100% no 2028
Propón esixir un crédito formativo de 120 horas no que non valerán os cursos de lingua galega.
Nesta proposta non se solucionan ningunha das eivas que vimos anos arrastrando:
- non a pode solicitar quen non teña rematado de consolidar o grao anterior.
- non se fai de xeito automático ao cumplir os requisitos.
- fixan datas que provocan que quede persoal fora, ou por non estar traballando xusto o día fixado (neste caso 31 de decembro de 2024 para CAX e CTPA e 31 de decembro de 2025 para MF e CXPA), ou por traballar todo o ano pero estar xubilado á hora de solicitalo.
Todas as OOSS nos posicionamos en contra.
VACACIÓNS E PERMISOS
Ante a proposta de ampliación do prazo para solicitar vacacións e permisos ate o 31 de marzo de 2026, só para o persoal dos órganos implicados na reorganización da Fase III, excluíndo os das vilas, Fiscalías e Imelgas, as organizacións sindicais amosamos o noso rexeitamento polo discrirminatorio que resultaba, tendo en conta, por exemplo, que o Miniterio non fixo distinción. Finalmente o Director Xeral accedeu a amplialo para todo o persoal destinado en Galiza.
OUTROS TEMAS TRATADOS NA MESA
Coa convocatoria da mesa, a DX remitiu uns borradores sobre o horario do Rexistro Civil, o complemento de VSM e a regulación das comisións de servizo e substitucións, das que quedamos pendientes de facer alegacións antes do día 25, para posteriormente tratar estes temas en reunións fixadas para o día 28 deste mes e o 5 de decembro.
En rogos e preguntas, a Dirección Xeral comentou:
- O Director Xeral irá ao edificio da AP de Pontevedra o día 25 ás 13:30 h.
- O día 24 vai asinar un acordo marco co Ministerio de Xustiza para mercar as ferramentas informáticas de xestión (Atenea, Fortuny, Sirax, ….) e despois haberá que asinar outro máis concreto. A Consellería de cultura vaise encargar da tradución ao galego desas ferramentas.
- VSM de Compostela e Ourense: van poñer equipos de videoconferencia, aínda que por suposto se farán cargo dos posibles traslados. Sobre iso se estivo falando cos/as responsbles, e instouselles a que fixen un horario de audiencia razonable e que os criterios sexan uniformes.
- O persoal do corpo de Xestión en adscrición provisional por terlle sido adxudicado destino provisional: son 5 persoas que dende que aprobaron non conseguiron un destino definitivo; a DX xa se puxo en contacto con eles/as para indicarlles que segundo o Ministerio están obrigados/as a concursar no proceso en marcha que abrangue a fase I. Muda así o criterio que adoptou no pasado concurso. Na reunión de mañá solicitaremos que este persoal deixe de estar conxelado ao mesmo tempo que o resto da súa promoción.
- Segundo a DX, elevada consulta ao Ministerio sobre que significa o dereito preferente a unha praza no concurso se foches reasignado/a forzoso/a neste procedemento de reorganización (art. 67 RD 1451/2015), contestaron que NINGUÉN VAI TER UN DEREITO PREFERENTE, POSTO QUE SE REFIRE A UN POSTO NO DESTINO DE ORIXE E TODOS OS DESTINOS DE ORIXE DESAPARECEN COA NOVA LEI. Alucinante contestación da que pediremos explicacións ao Ministerio na reunión deste mércores 19.
- Sobre as confirmacións, contan con telas todas esta semana e a que ven facilitar as prazas que quedan para reordenación. A aquelas persoas ás que non se lles envíe a confirmación se lles mandará posteriormente comunicación de que van a reordenación. Se alguén foi confirmado e pensa que non se aplicaron correctamente os criterios pode enviar un correo para que a Dirección Xeral lle dea explicación. A estes efectos solicitouse que se trasladaran as listaxes correspondentes de confirmados e de persoas pendentes de reordenación.
- A Secretaría de Coordinación de Ourense fixo un borrador de distribución espacial do edificio na que o corpo de auxilio vai todo xunto fóra das oficinas, en concreto nos corredores dos andares 2, 3 e 4, nos que se van habilitar espazos. Mañá ten unha reunión con representantes sindicais da que vos daremos conta.
- Prazas OPE: a Dirección Xeral mandou as da taxa de reposición pero o Ministerio aínda non pediu o número total das que se poden ofertar.
- As prolongacións de xornada das poboacións da Fase III decaerán o 30 de decembro. Os reforzos o 30 de novembro, salvo algúns excepcionalmente, que cesarán o 15 de decembro.
Finalmente a CIG denunciou a deixación de funcións que fai esta DX con respecto ao seu persoal e aos seus edificios, deixando todo en mans das Secretarías de Coordinación e da carreira xudicial.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal