MESA SECTORIAL DE MADRID - 08/04/2026
Este pasado 8 de abril celebrouse en Madrid mesa de negociación co Ministerio de Xustiza na que, entre outras cuestións, se trataron os seguintes temas:
CONCURSO DE TRASLADO: Afirman que antes de agosto estará convocado.
OEP 2026: Aínda non hai data para a mesa xeral onde se negocia a OEP. Xustiza fixo xa os números que son os que nos enviaron por correo. Volven a insistir que mentres non haxa novos orzamentos as contas para calcular a PI non poden mudarse. Sobre os cambios no sistema selectivo de XPA, parece ser que este ano si se vai a negociar. Hai CCAA que non queren convocar ningunha praza. Outras si que queren todas as posíbeis.
OEP 2025: As datas dos exames serán o 20 de xuño Promoción Interna e o 3 de outubro Quenda Libre.
ESTABILIZACIÓN LAX: non vai haber. Está caducada segundo FP. Van tentar incluir as prazas na OEP deste ano.
ADXUDICACIÓNS DE DESTINO: Nestas cuestións o Ministerio indicou que se algunha CCAA, por calquera motivo, non cumpre os prazos, resolverán igualmente o resto dos territorios, indicando os posibles prazos para os procedementos pendentes de adxudicación:
* Estabilización concurso de méritos: Canarias e Catalunya publicaron no BOE a oferta de prazas XPA e AX fai pouco. O resto de territorios xa o teñen resolto. Contan publicalo no BOE na segunda quincena do mes que ven
* Concurso Oposición: Irán a continuación todos os corpos ao mesmo tempo.
* OEP 23: Tentarán que tamén vaia nesas datas a promoción interna e, antes de agosto, tamén pensan ter adxudicada a quenda libre.
* OEP 24: Para despois de verán.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal