MESA SECTORIAL DE XUSTIZA ALEGACIÓNS DA CIG

Regulación das quendas de Rexistro Civil, Calendario Laboral 2024 e Bolsa Interinos de Médicos Forenses
Martes, 23 Xan 2024

REGULACIÓN DAS QUENDAS DE REXISTRO CIVIL

Hoxe a DXX deunos traslado da proposta de resolución que regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra. Ao borrador desa resolución  presentamos alegacións na Mesa Sectorial que tivemos o pasado día 17/01/2024 das que nos rexeitaron a maioría, entre elas nós manifestámoslle a DXX que cando fala do número de persoal integrante da quenda de tarde sexa de persoal mínimo e que se garanta que con independencia do número fixado no cadro que eles presentan, todo o persoal que preste servizo no órgano poida integrar as quendas voluntarias. Outras das alegacións que presentamos e nos rexeitaron é que na necesidade de incluir a outras persoas na quenda se lle de preferencia a aquel persoal funcionario con formación específica na materia e nas aplicacións informáticas de xestión. Esixímoslle a DXX que presentaran unhas retribucións económicas actualizadas ao 2024 e tamén obviaron esta petición. Reclamámoslles tamén que o compromiso mínimo de integración das quendas fose de 3 meses en vez de 6 como indica a DXX, para así dar a oportunidade as/os interesadas/os en anotarse a quenda de facelo 3 veces o ano e non só dúas veces, isto por suposto tampouco o aceptaron.

Reclamamos a DXX para que as solicitudes de acceso as quendas se presentase en todo caso telemáticamente a través da OPAX e que mentres non se adecúe a esta resolución a aplicación informática existente, a presentación das solicitudes farase polo rexistro electónico da Dirección Xeral de Xustiza, na proposta que nos acaban de remitir tampouco recollen isto.

Se queres ver o borrador que está pendente de tramitación para a súa publicación, preme na ligazón:

PROPOSTA REGULACIÓN QUENDAS REXISTRO CIVIL

CALENDARIO LABORAL 2024

Outra proposta de resolución que nos deu traslado hoxe a DXX é a resolución sobre os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galiza para o 2024. O 17/01/24 na Mesa Sectorial a CIG tamén presentou alegacións ao texto nas que a meirande parte foron rexeitadas. Entre elas emendas tan relevantes para as traballadoras da administración de xustiza como:

  • reclamámoslle que a parte fixa do horario que temos volte ser de 5 horas e non de 6h, como era antes, debendo de realizarse entre ás 9:00 e ás 14:00.
  • que a parte flexible do horario pola tarde se poda cumprir de 14:00 a 20:00, en vez de a 18:30. Propuxemos que coincida co horario de garda xa que ata esa hora están os edificios xudiciais abertos. Esta emenda si a aceptou a DXX
  • solicitámoslles que as persoas funcionarias que estean de garda o día 24 e 31 de decembro teñan dereito a un día máis de asuntos particulares por cada un que figuren na certificación da garda
  • que tivesen en conta como tempo traballado os cursos de formación continuada realizados tanto en xornada de mañá como de tarde
  • a DXX no borrador que nos presentou o día da Mesa Sectorial introducia un apartado que recollía a seguinte limitación: a metade das vacacións deberá ser gozada preferentemente entre os días 1 de xuño ao 30 de setembro e, no caso de que a metade das vacacións coincida en número impar, arredondarase á baixa o número de días de vacacións que se deban gozar neste período. Por suposto, a CIG negouse a aceptar esta limitación para coller os días de vacacións e a DXX neste caso aceptou a nosa alegación
  • que elimiaran a obrigación de reincorporarse ao posto de traballo ao persoal funcionario cando por circunstancias excepcionais debidamente motivadas, o impoñan, se denegue ou suspenda o gozo de vacacións
  • e a última alegación que presentamos e nos rexeitaron foi que os días adicionais de asuntos particulares por cada unha das festividades cando coincidan en sábado en dito ano, sexan festivos non só estatais, senon a nivel autonómico e local.

Se queres ver o borrador que está pendente de tramitación para a súa publicación, preme na ligazón:

PROPOSTA CALENDARIO LABORAL 2024

BOLSA DE INTERINOS MEDICINA FORENSE

E a última proposta de resolución que nos achega a DXX é a que regula o procedemento de selección e nomeamento do persoal interino do corpo de médicos/as forenses e se convoca a correspondente bolsa. Con referente ao borrador desta resolución nós fixemos fincapé en que a bolsa que se abra sexa o máis dinámica e aberta posible, cuns requisitos laxos, xa que a situación da bolsa de medicas/os forenses en Galiza é crítica ao estar baixo mínimos. Por iso as nosas emendas van nese fío, eliminar cuestións demasiado condicionantes ou que limitan o acceso, por suposto tampouco foron aceptadas.

Se queres ver o borrador que está pendente de tramitación para a súa publicación, preme na ligazón:

PROPOSTA BOLSA DE INTERINOS MEDICINA FORENSE

Ante isto, a CIG considera que a DXX da por negociadas ditas resolucións facendo caso omiso as alegacións presentadas por este sindicato.

A día de hoxe, queda patente a nula disposición da DXX a manter unha negocación real na Mesa Sectorial, esta última convoucouse coa única intención de cubrir o trámite de presentar ante as OOSS ditas resolucións, polo que denunciamos totalmente esta maneira de proceder.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal