
MODIFICACIÓN DAS COMISIÓNS DE SERVIZO E AS SUBSTITUCIÓNS

A CIG quere realizar unhas aclaracións sobre a reforma das comisións de servizo e as substitucións:
PRIMEIRO.- Durante a negociación, a través das nosas alegacións, xa advertimos á DX que os textos que regulaban as comisións e as substitucións ían en contra do que pon a normativa estatal nos arts. 73 e 74 do RD 1451/2005, e que se calquera persoa acudía aos tribunais ía gañar e iamos ter un problema.
SEGUNDO.- O sector de xustiza da CIG acordou interpoñer un recurso para que quitasen das prazas consideradas vacantes aquelas que non o son por ter titular, é dicir, as liberacións e as excedencias por coidado de familiar. A normativa esixe que as prazas en comisión sexan ofertadas no primeiro concurso de traslados, e esas non poden selo, polo que se estaría vulnerando o establecido no regulamento. Non entramos a considerar se nos parecía ben ou mal que se ofertaran, só que non era legal e que non podía ser mentres non se modificase o RD.
TERCEIRO.- Antes que o noso recurso, o TSXG coñeceu doutra demanda duns particulares e, na sentenza estimatoria, considerou que esas prazas non poden ser ofertadas a comisión pero que, ademais, as substitucións deben ser preferentes porque así o establece a normativa estatal. É dicir, pasou o que nos temiamos. Esa é a única sentenza que a día de hoxe é firme.
CUARTO.- Os únicos responsables desta situación son a DX e os sindicatos que apoiaron estes textos aínda sabendo que non respectaban a legalidade e que isto podía ocorrer. E agora o dano é maior polas expectativas orixinadas.
QUINTO.- Estamos traballando en buscar unha modificación da normativa de comisións e substitucións que respecte o fallo xudicial e que sexa o menos prexudicial para as persoas con expectativas de solicitar unha comisión de servizo, polo que instamos a convocatoria da mesa sectorial de xustiza para negociar unhas novas ordes de substitucións e comisións de servizo, cumprindo coa legalidade. Así mesmo seguimos a defender ante o Ministerio un cambio de normativa para garantir as substitucións reais entre todos os corpos, nomeadamente de XPA a LAX.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal