MODIFÍCASE A PROGRAMACIÓN DE CURSOS CELGA PRESENCIAIS E EN LIÑA
Na páxina do Portal da Lingua Galega publicouse o seguinte acordo de modificación ditado pola Secretaría Xeral da Lingua:
No Diario Oficial de Galicia número 28, do 11 de febreiro de 2026, publícase a resolución desta secretaría do 4 de febreiro de 2026 pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
O punto cuarto, apartado 1, da resolución establece que:
Todos os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número de máximo de 35.
A Secretaría Xeral da Lingua poderá autorizar expresamente a realización de cursos que non acaden o número mínimo de participantes ou aumentar o número de edicións dun curso ou cursos que teñan unha demanda moi superior ao número máximo de participantes. Así mesmo, por circunstancias excepcionais debidamente xustificadas, poderá converter un curso presencial nun curso en liña.
No Anexo I establécese a programación de cursos Celga presenciais. Entre outros figura o curso Celga 3 Madrid que non acada o número mínimo de 15 participantes, polo que esta secretaría ACORDA a súa anulación.
Os cursos Celga 2 Vigo e Celga 4 Vigo non acadan o número mínimo de 15 participantes, polo que esta secretaría ACORDA que se anulen e se cree un novo curso Celga 3 Vigo con todas as solicitudes.
Os cursos Celga 2 Lugo e Celga 3 Lugo non acadan o número mínimo de 15 participantes, polo que esta secretaría ACORDA que se anule o curso Celga 2 Lugo e as súas solicitudes se inscriban no curso Celga 3 Lugo.
Así mesmo, debido ao baixo número de solicitudes dos cursos Celga 2 Pontevedra e Celga 3 Pontevedra, esta secretaría ACORDA que se refundan nun único curso Celga 3 Pontevedra con todas as solicitudes.
Por último, esta secretaría ACORDA a conversión dos catro cursos anulados en cursos en liña, en concreto, dúas novas edicións do curso Celga 2 en liña e dúas novas edicións do curso Celga 4 en liña.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal