
NEGOCIACIÓN DA PROVISIÓN DE POSTOS NO NOSO PAÍS XA!!

Este mércores a DX convocou máis de 30 prazas a interinaxe en todo o país, case na súa totalidade vacantes derivadas dos novos ingresos no corpo de xestión.
“Artículo 74. Sustituciones.
1. Los puestos de trabajo que se encuentren vacantes, o cuyo titular esté ausente por el disfrute de licencias o permisos de larga duración, con carácter excepcional y siempre que el Ministerio de Justicia y los órganos correspondientes de las comunidades autónomas con traspasos recibidos no consideren que hayan de cubrirse con funcionarios interinos, podrán ser cubiertos temporalmente por funcionarios titulares mediante sustitución”.
Este art 74 faculta a Administración para sacar as prazas en substitución no canto de cubrilas por interinos/as, polo que a Administración xa fixou na orde de substitucións un criterio de prelación que é o que lle faculta a facer dito artigo. Na nova redacción da normativa sobre provisión de postos, que a DX impuxo sen negociación, establececeuse que:
“1. Esta resolución ten por obxecto regular a provisión de forma temporal, mediante substitucións, dos postos de traballo reservados ao persoal funcionario integrante dos corpos ou escalas xerais ao servizo de Administración de xustiza –corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial– que presten os seus servizos na Administración de xustiza en Galicia, cando estes postos se atopen vacantes ou cuxo titular estea ausente en períodos de longa duración”
A CIG reitera a necesidade de negociación da provisión de postos no noso país, tanto comisións de servizo como substitucións e interinaxes polo que xa solicitamos a convocatoria dunha Mesa, que a día de hoxe aínda non se produciu. A DX está a levar un camiño que consideramos totalmente inaceptable, a base de imposicións e ilegalidades, deixando á marxe as organizacións sindicais e polo tanto a todo o persoal da Administración de Xustiza.
Esiximos que todas esas prazas vacantes e de longa duración se oferten de xeito inmediato as titulares mediante o sistema de substitución vertical e horizontal.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal