"NEGOCIACIÓN" DO SISTEMA DE SUBSTITUCIÓN DE LETRAD@S
Hoxe, 3 de marzo, tivo lugar una reunión por vídeoconferencia co Ministerio de Xustiza sobre a modificación do sistema de substitucións do corpo de letrados/as no RD 2033/2009. Unha vez máis, e xa van unhas poucas dende 2019, o Ministerio remite un texto no que non deixa marxe de negociación coas organizacións sindicais. E xa estamos fartas/os.
Nesta ocasión pretende limitar o chamamento de persoal substituto ampliando os chamamentos forzosos entre titulares. Así o expresa directamente na Exposición de Motivos: “previsión de reducción del coste económico conjunto de las sustituciones de letrados de la Administración de Justicia, al disminuir considerablemente el recurso a letrados no pertenecientes al Cuerpo”
Ademais, no borrador proposto:
1.- Non devengarán dereito a retribución nin as substitucións por vacacións nin as que non superen os 10 días.
2.- Poderán ser realizadas por varios letrados/as simultaneamente, o que contribuirá a unha situación aínda máis caótica.
3.- As substitucións non voluntarias non deberán ter unha duración continuada superior aos 10 días. Pero nada impide que a teñan.
4.- As voluntarias non poderán exceder os 180 días ao ano, pero ao poderse simultanear entre varios/as, o período máximo se multiplica polo número de substitutos/as, podendo estar unha praza en substitución durante anos…
A CIG manifestou o seu total rexeitamento a este novo intento de precarización do traballo, establecendo substitucións non remuneradas e de maior duración, provocando que o resto do persoal dos servizos vexa dificultado o seu traballo ao ter que andar cambiando continuamente de letrado/a ou tendo, directamente, que asumir as funcións porque a persoa substituta non está para facelas. Volvemos a recordarlle ao Ministerio o recente caso da letrada que chegou a “levar”, á vez, un Xulgado de familia, un instrución con violencia, un Decanato e unhas eleccións. Isto non pode repetirse.
E hai que asegurar o dereito do persoal do corpo de xestión á promoción profesional, algo que non sucede nas substitucións da xudicatura, ás que se pretende asimilar estas.
Outras cuestións relativas ao corpo de LLAX:
ESTABILIZACIÓN: A oferta de prazas a concurso-oposición pola estabilización estase a retrasar porque Función Pública está a darlle una volta. Finalmente parece que haberá redución do temario proposto e que se elimina a obrigatoriedade de acadar unha puntuación mínima na fase de concurso. Haberá que agardar a que se nos traslade o texto ao que Función Pública lle dea o visto bo para analízalo en profundidade.
DEVOLUCIÓN DE TAXAS: En canto as taxas abonadas pola convocatoria fallida de estabilización por concurso, falta só o desenvolvemento informático que lles permita facer a devolución automática de oficio a aquelas persoas que pagaron por pasarela e como deberán solicitala aquelas que o fixeron en efectivo.
CONCURSO DE TRASLADOS: Que no concurso publicado non se vai valorar o tempo traballado como persoal interino no corpo de lax. A pesares da obriga establecida pola xurisprudencia para os corpos xerais, parece que hai unha sentenza anterior na que o Ministerio basea a súa negativa, entendendo que se recoñece ese tempo a efectos retributivos pero non administrativos á hora de concursar.
NOVAS BOLSAS: Que en breve se comezará coa negociación de novas bolsas de persoal substituto. A intención do Ministerio é darlle unha volta para que non se repita o sucedido en varias provincias, nas que se esgotaron ao pouco de publicarse e as bolsas de urxencia tampouco funcionaron. A CIG acolleu con agrado a convocatoria dun grupo de traballo que analice o sucedido e as posibilidades de mellora, sempre tendo en conta o dereito á promoción profesional do persoal do corpo de xestión. Informaremos dos avances que haxa neste tema.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal