NOMEAMENTO DE REFORZOS PARA CUBRIR AS VACANTES DE VIOLENCIA DE XÉNERO EN DETERMINADOS TRIBUNAIS DE INSTANCIA
A Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicar que, no día de hoxe, autorizaranse os seguintes reforzos para as áreas penais (observación VSM) dos SCT dos TI de:
- A Coruña: 3 reforzos do corpo de tramitación procuesual e administrativa.
- Santiago: 2 reforzos do corpo de tramitación procuesual e administrativa.
- Ourense: 1 reforzo do corpo de xestión procesual e administrativa e 2 reforzos do corpo de tramitación procuesual e administrativa.
Os ditos reforzos manteranse en tanto non se cubran as prazas vacantes que existen nas unidades reforzadas por persoal titular.
Entendemos que ditos reforzos se acordan porque existen vacantes sen cubrir en ditos TI, concretamente nas áreas penais (VSM) de ditas poboacións. A única explicación para que se adoptara esta decisión sería para cumprir neste primeiro momento co deseño dos servizos críticos que terían que estar operativos a partir do 2 de xaneiro e, supoñemos (que igual e moito supoñer), que para dar tempo a súa dotación por outros medios, tales como comisións de servizo, substitucións ou nomeamento de persoal interino por praza vacante
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal