NOTA INFORMATIVA SOBRE A REALIZACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO EXTRAORDINARIO DE ACCESO AO CORPO DE LETRADAS E LETRADOS QUENDA LIBRE

Orde JUS/1319/2022, do 27 de decembro
Venres, 13 Out 2023

Nota informativa do Ministerio de Xustiza sobre as oposicións a Letradas e Letrados, quenda libre.​

O día 29 de outubro de 2023 terá lugar o primeiro exercicio das probas selectivas de acceso ao Corpo de Letradas e Letrados da Administración de Xustiza que terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Universidade Politécnica de Madrid, sito na rúa do profesor Aranguren, número 3, de Madrid.

Con vistas a unha celebración ordenada e segura do exercicio, infórmase dos seguintes aspectos:

1. Convócase ás persoas interesadas á realización do primeiro exercicio ás 10:00 horas (hora de comezo do exame).

Para evitar aglomeracións, poderán acceder á sede do exame a partir das 9:00 horas.

2. O día do exame, estará pechada a CAFETERIA.

3. O acceso ás sedes onde terá lugar o exercicio estará restrinxido, podendo acceder só o persoal da facultade designada pola Universidade, os membros do Tribunal Cualificador, as persoas vixiantes, colaboradoras, os aspirantes e acompañantes de persoas que poidan precisar asistencia.

4. A entrada á aula se levará a cabo de un en un, debendo presentar na entrada da aula o DNI ou outro documento de identificación legal.

Para evitar aglomeracións, iranse colocando ás persoas interesadas segundo a súa orde de chegada na aula.

A saída da aula írase facendo por filas, para evitar tamén aglomeracións.

5. Unha vez entregados os cuestionarios, non se admitirá a entrada de aspirantes na aula para realizar o exame.

6. No posible, recoméndase non utilizar os ascensores, quedando limitado o seu uso preferentemente a aquelas persoas con diversidade funcional e/ou mobilidade reducida que poderán utilizalo en caso de necesidade, xunto a unha persoa acompañante se o requirise.

7. A permanencia das persoas interesadas nas sedes onde ten lugar o exercicio de oposición será a indispensable para a realización do mesmo.

8. Lembrase que o próximo 29 de outubro terá lugar o cambio de hora estacional para establecer o horario de inverno.

Máis información premendo nas seguintes ligazóns:

Nota informativa sobre a realización do primeiro exercicio

Distribución persoas convocadas por aulas.pdf

Plano planta baixa- E.T.S.I de camiños, canles e portos

Plano primeiro andar- E.T.S.I de camiños, canles e portos


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal