
NOTA INFORMATIVA SOBRE A XUNTANZA DE TRABALLO DAS PRAZAS DE XESTIÓN QUENDA LIBRE
Hoxe celebrouse unha xuntanza coa DXX para tratar o tema das prazas pendentes de adxudicar, en Galiza, as persoas que aprobaron o proceso selectivo de xestión procesual quenda libre convocado por Orde JUS/1254/2022 de 7 decembro.
En primeiro lugar, a administración indicou que a problemática suscitada non só foi pola súa culpa se non que tamén o Ministerio tivo parte de responsabilidade na mesma.
Desde a CIG insistimos que esta problemática non se podía producir, porque xa aconteceu tamén nos outros dous corpos, ao non haber prazas suficientes para ofrecer as/os opositoras/es das distintas probas selectivas, mudándose un criterio de que as vacantes a resultas son desertas e non vacantes como ata o de agora se viña contemplado de xeito pacífico. Non é de recibo que se convoquen unhas prazas determinadas e logo non existan as prazas desertas correspondentes para cubrir ditas prazas.
Entrando xa no tratado na reunión, a administración indicou que actualmente, das 90 prazas necesarias para cubrir a convocatoria de Xestión, xa hai 72 prazas desertas, polo tanto a problemática é obter 18 prazas para poder cubrir o total d@s aprobad@s. O único xeito posible é adxudicalas temporalmente a través do procedemento de adscrición temporal establecido no artigo 28 do Regulamento de Ingreso.
Agora ben, pola nosa parte incidiuse sobre as seguintes cuestións en relación coas 18 prazas vacantes que terán que ser anunciadas para provisión temporal:
1) Deben de expoñerse claramente as condicións en que se van a adxudicar ditas prazas.
2) Debe de quedar claro que estas persoas terán o mesmo prazo de conxelación que o resto de partícipes, unha vez obteñan destino definitivo. Este tema será avaliado pola asesoría xurídica da Xunta para confirmar a súa posible concesión.
3) Loxicamente esas 18 prazas sairán a concurso xeral no primeiro que se convoque.
4) As persoas en adscrición temporal poderán acceder sen problema as comisións de
servizo e substitucións.
5) Dado que ata setembro non se estima que se produza o nomeamento e adxudicación de destinos do corpo de Xestión, deben de valorarse tamén as prazas que se vaian deixando vacantes por xubilación, a fin de producir os menores cesamentos posibles.
6) A administración contempla só sacar esas 18 prazas a adscrición temporal que son as necesarias para poder alcanzar as 90 correspondentes aos aprobados.
Quedamos emprazados para vindeiras reunións, a fin de seguir valorando que 18 prazas sairán finalmente a adscrición temporal, debido as novas vacantes que se poidan ir producindo nos cadros de persoal co paso destes vindeiros meses. Así mesmo a administración comprometeuse a enviarnos na vindeira semana as instrucións que, en principio, servirían de apoio ao anuncio de ditas prazas.
Aquí vos deixamos as prazas desertas de xestión:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal