
NOVO DESPROPÓSITO CO CONCURSO DE TRASLADOS

Pensabamos que xa o viramos todo no tema de concursos de traslado do Ministerio, pero cada vez se superan. Entendemos que poida haber algún erro nestes casos porque son moitas instancias, pero que despois de varios meses haxa “numerosos erros” como di o correo que nos remitiron e que teñen que correxir os datos cargados no sistema non é de recibo. Como tampouco que non se dean máis explicacións.
Hai que ter en conta que é unha empresa privada a que se encarga do concurso, posto que a Administración non conta con persoal abondo no Ministerio e non queren contratar a ninguén máis. É outra mostra do ben que funciona a privatización dos servizos públicos. En vez de crear prazas no Ministerio ou nas Delegacións, encárganllo a empresas privadas, co resultado que estamos a ver.
E non contentos con isto, non é que vaian sacar unhas novas adxudicacións nuns días, senón que pasa a retrasarse a resolución nada máis e nada menos que un mes; non sabemos se os ceses e tomas de posesión serán a finais de xullo, en agosto ou xa en setembro, polo que cadrará coa tempada alta de vacacións, producindo un enorme caos nos órganos xudiciais. Tamén vai coincidir coa posta en marcha da nova oficina xudicial en Fase I. E hai que contar tamén con posibles problemas coa escolarización dos menores.
Por todo isto a CIG solicita que se depuren responsabilidades e se dean explicacións precisas de que foi o que sucedeu para que non volva ocorrer. E tamén que se tomen as medidas necesarias para que saian canto antes uns novos listados de adxudicacións e se manteña a publicación no BOE para o mes de xuño.
Ao parecer, segundo o último correo electrónico remitido polo Ministerio, este vindeiro luns 2 de xuño, comprometeuse a dar explicacións e ademais tentar publicar o concurso o antes posible.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal