O DIRECTOR XERAL FELICÍTASE POLO PRONTO QUE SACOU ADIANTE AS RPTS DA FASE III E FIXA DATA PARA MODIFICALAS!

Martes, 09 Set 2025

O martes día 9 de setembro tivo lugar unha mesa sectorial na que o Director Xeral felicitouse pola rapidez coa que tramitou a “negociación” da Fase III de implantación da nova oficina xudicial en Galiza, primeiro territorio en publicala no seu diario oficial (o vindeiro xoves). Á súa vez comprometeuse a revisala no terceiro trimestre do ano 26. Delirante.

A CIG non se congratula en absoluto do resultado desa suposta negociación porque as alegacións sindicais que a Administración aceptou foron só aquelas feitas dende un coñecemento cercano do día a día e que melloraban sen dúbida a nova organización. Pero a reivindicación principal, que era a creación de equipos, foi denegada dende un principio, só cedendo en casos tan obvios como Ferrol.

Outra declaración digna de destacar é, falando da regulación das comisións de servizo e interinaxe, que “con la nueva oficina no tiene sentido mantener cosas así”. Avisados/as estamos.

Sobre as cuestións abordadas, destacamos:

CONCURSO ESPECÍFICO E LDS

Como xa vos informamos, a administración informou de que o vindeiro xoves 11 publicarase a convocatoria das prazas de libre designación.

Sobre o concurso específico solicitamos que se convoque nova mesa e se modifique o borrador de bases que se nos facilitou no mes de xuño, fundamentalmente en canto á valoración da antigüidade, que tras unha solicitude do sindicato Alternativas da Xustiza- CUT, viuse limitada a 12 anos.

TRAXECTORIA PROFESIONAL

Na información publicada anteriormente xa vos informabamos, despois de trasladarnos a Dirección Xeral o borrador do novo acordo sobe a traxectoria profesional, que había problemas para poder convocar o procedemento ordinario polo que so se convocaría o procedemento extraordinario de acceso aos graos I, II e III, tal e como ven no borrador trasladado. Por parte da CIG solicitamos a retirada do borrador presentado porque aínda é peor que a última convocatoria, establecendo o pagamento en 4 anualidades e non solventando ningunha das eivas da resolución anterior. Hai que destacar que esta proposta é peor que a última que nos trasladaran no mes de xaneiro.

PROCESO DE REORDENACIÓN

Ante as múltiples dúbidas e consultas que se producen tras o traslado do documento definitivo que vai regular a reordenación do persoal nesta Fase III, solicitamos que se celebren grupos de traballo para poñelas en común e darlle máis claridade a como vai ser o proceso, cales van ser as porcentaxes, como se vai ter en conta a antigüidade, etc.… Neste sentido imos remitir as dúbidas e preguntas á DX por escrito e quedamos pendente de fixar data para a reunión do grupo de traballo.

TELETRABALLO

O Director dixo que nesta situación, de ningunha maneira, se vai a introducir o teletraballo antes do 1 de xaneiro do 2026 polos cambios que nesa data se van producir. A CIG solicitou que se regule neste semestre para que unha vez entre en funcionamento a nova oficina se poida facer uso del o antes posible.

CONCURSO DE TRASLADOS DE FASE I

Despois de tantas informacións contraditorias sobre que prazas se ían incluir, a DX mandou un documento onde faltan moitas das vacantes existentes na actualidade. Fixounas en 26 e dixo que estas se corresponden coas producidas dende decembro do 2024 e foron comunicadas no día de hoxe comprometendose a estudiar a posiblidade de incluílas, a pesar de que o Ministerio só pedíu as producidas antes do 2025 e as resultantes do concurso de traslado resolto en xuño.

VISITAS DO DIRECTOR XERAL

Informou de que vsitará Lugo o vindeiro día 22 e A Coruña o 30. Tamén que manterá reunións periódicas co Secretario de Gobernos e os/as Coordinadores/a cara o desenvolvemento da Fase III, incluíndo a reconfiguración dos edificios xudiciais e o traslado de expedientes, e comprometeuse a traer os cambios propostos á mesa. Tamén confirmou a licitación da rotulación exterior.

ATENEA EN GALEGO

A CIG manifestou a súa protesta porque, segundo información directa do Ministerio, en Galiza imos tres versións de Minerva por detrás do territorio Ministerio, o que complicará o cambio a Atenea. Dado que vai ser a Xunta a que sufrague o custo da tradución, volvemos a insistir nesta mesa na obrigatoriedade de que a nova ferramenta de xestión procesual estea na nosa lingua.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal