O DIRECTOR XERAL RECOÑECE NA MESA QUE A IMPLANTACIÓN DA NOMO NON ESTÁ INDO BEN

Martes, 03 Feb 2026

Na mesa celebrada hoxe día 3, Tronchoni recoñeceu que o sistema “non roda”, entre outras cousas, segundo el, pola descoordinación. Confirma a existencia de disfuncións e que por parte dalgunhas Direccións de servizo se está a querer perpetuar o sistema vello dentro da nova estrutura. Un dos exemplos de que as dinámicas antigas son difíciles de mudar é o caso de que en moitos sitios o persoal do corpo de Auxilio siga a levar o Rexistro Civil. Ante as manifestacións e exemplos que este sindicato lle expuxo de comportamentos intolerables, repartindo persoal como se fose gando ou atribuíndo funcións de xeito arbitrario e con favoritismo, o que está a acontecer coas compañeiras e compañeiros de AX de Ourense, dixo ter coñecemento pero escudouse, coma sempre, na súa falta de competencia á hora da distribución de funcións e persoal dentro dos servizos.

O que segue afirmando a dirección Xeral é a súa intención de comezar a modificación das RPTs no segundo ou terceiro trimestre do ano. Mais mentres non vai nomear persoal de reforzo, tal e como pediu esta organización sindical, porque quere saber onde as cargas de traballo resultan inabordables co cadro actual. Como se fose difícil saber, por exemplo, que os cadros de persoal nos VSM son insuficientes. Ademais, este sindicato incidiu que as RPTs da Fase I xa levan 7 meses e pódense avaliar xa as necesidades existentes, e máis tendo en conta que das 19 prazas xudiciais que o Goberno quer crear no país, ningunha é para unha vila de Fase I. A CIG remitirá nestes días un escrito instando a Dirección Xeral a loitar porque algunha delas satisfaga as reivindicacións. xa históricas, de reforzar sitios como Viveiro, Ribeira, Carballo, Sarria…
Da reunión da Comisión mixta co Ministerio confirmou que o Ministerio está traballando nun dos puntos que conseguimos os sindicatos no acordo a nivel estatal, que foi a eliminación do Grupo IV de poboación, que non ten razón de ser agora que o persoal das oficinas de xustiza municipal vai compatibilizar coa oficina xudicial de cabeceira.
En canto á situación actual da implantación da NOMO, a CIG denunciou a falta de transparencia na configuración dos equipos funcionais e a necesidade de artellar un mecanismo de mobilidade voluntaria dentro dos servizos, especialmente nos SSCCXX con respecto ao corpo de auxilio.

Tamén a falta de criterio para asignar funcións, a elección do persoal “a dedo” por parte da maxistratura e os/as llax, a situación de xente sen poder traballar, movéndose polas distintas oficinas, a pésima distribución das cargas de traballo, e un longo etcétera de cousas...

Ademais destes aspectos, sinalouse que o traslado de expedientes farase por persoal da Xunta e posteriormente se instalará a sinaléctica. Tamén que se pode ampliar a formación tecnolóxica de todo o persoal, para o que piden a colaboración de todos indicando onde hai máis demanda e de que xeito se quere que sexa impartida.

Finalmente, tras a consulta das OOSS, a D.X indicou que os informes para as comisións de servizo teñen que ir asinados pola Dirección do servizo ou polos/as xefes/as de área, e que nesta semana se convocarán prazas para a cobertura tanto por comisión como por substitución.

Teletraballo: este mes será remitido un borrador para comezar a negociar a súa regulación no noso territorio.

Bolsas de persoal interino: Algunhas están esgotadas e outras a piques, pero non confirmaron a súa próxima apertura.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal