O GALEGO, LINGUA VITAL - DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026 - BEGOÑA CAAMAÑO
Este ano 2026 o Día das Letras Galegas homenaxea a Begoña Caamaño Rascado. Ademáis de periodista e escritora Begoña Caamaño conxugou tamén a súa faceta como activista e feminista, formando parte en diversas ocasións do Comité de Empresa da Radio e ocupando o cargo de presidenta do Comité Interempresas da CRTVG e as súas sociedades, no que destacou na denuncia da manipulación informativa en relación con sucesos de marcada relevancia para a sociedade galega, como foi o caso do afundimento do buque Prestige, e tamen deu pulo á "Asociacón de Mujeres Gallegas en la Comunicación (MUGACOM)" e participou en "Muilleres Nacionalistas Galegas (MNG)" e na Marcha Mundial das Mulleres.
Para converter este vindeiro domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, a plataforma cidadá Queremos Galego, da que fai parte a CIG, anima anunha gran mobilización fronte á negativa da Xunta a garantir os dereitos lingüísticos da súa cidadanía “coa forza, a unidade e o traballo conxunto dunha sociedade que defende o seu idioma porque sabe que é vital para a súa existencia”.
A manifestación sairá da Alameda de Santiago de Compostela ás 12:00 horas baixo o lema ‘O galego, lingua vital’, e para facilitar os desprazamentos haberá autobuses dende todas as comarcas.
Fronte á política de apartheid do Goberno do PP contra a lingua propia de Galiza, o colectivo pon en valor a forza do pobo e a súa capacidade de resposta, que se ten plasmado no Protocolo Lingua Vital. Unha alternativa “sólida, nacida dun proceso amplo, participativo e plural sobre o que comezar a reverter a emerxencia lingüística”.
Este pacto pola lingua “é o primeiro resultado desa forza, unidade e traballo conxunto” que se visibilizará nas rúas o 17 de maio e que as entidades sociais que participan do proceso comezarán a aplicar na parte que lles corresponde "traballando conxuntamente pola oficialidade real en todos os territorios de lingua galega”.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal
