
O TRIBUNAL SUPREMO SUSPENDE CAUTELARMENTE A PROMOCIÓN INTERNA 2023 NO CORPO DE LETRADAS E LETRADOS
Por auto de 3 de outubro de 2023 a Sala Terceira do Tribunal Supremo suspende cautelarmente a execución da oferta de emprego público para o exercicio 2023 referida o corpo de Letradas/os
Na peza de medidas cautelares do recurso contencioso-administrativo núm. 766/2023, interposto pola representación procesual da Asociación Sindical de Secretarios da Administración de Xustiza (ASSEJUS) e da Unión Progresista de Letrados da Administración de Xustiza (UPSJ) contra o Real Decreto 625/2023, do 11 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2023, exclusivamente ao respecto das prazas previstas no seu Anexo II relativas ao Corpo de Letrados e Letradas da Administración de Xustiza na modalidade de Promoción interna, a Sala Terceira (Sección Cuarta) do Tribunal Supremo ditou auto con data 3 de outubro de 2023 cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:
A Sala acorda:
Suspender preventivamente a execución da Oferta de Emprego Público para o exercicio 2023 referida ao Corpo de Letrados e Letradas da Administración de Xustiza na modalidade de Promoción interna, aprobada polo Real Decreto 625/2023, do 11 de xullo, polo que se aproba a Oferta de Emprego Público correspondente ao exercicio 2023.
Logo os Letrados e Letradas manifestan non sentirse apreciados polos corpos xerais e que os sindicatos non os/as defenden. En fin!.
Premendo na ligazón podes ver a resolución completa.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal