OFERTA DE PRAZA DE LIBRE DESIGNACIÓN SG A CORUÑA
Publicouse no BOE do 9 de xuño a Resolución do 27 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convoca a provisión do seguinte posto de traballo polo sistema de libre designación:

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, nas cales farán constar os seus datos privados, o posto de traballo actual e o posto ao que aspiran, no prazo de CINCO DÍAS HÁBILES contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no «Boletín oficial del Estado».
As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude.
Coa solicitude deberá achegarse un currículo e a documentación acreditativa dos méritos alegados para o posto solicitado. Igualmente, achegarase á instancia unha memoria asinada na que, nunha extensión non superior aos cinco (5) folios, o/a candidato/a realizará unha análise das tarefas do posto solicitado e das condicións e medios necesarios para o seu desempeño, facendo constar así mesmo propostas de mellora no desenvolvemento das funcións e todas aqueloutras cuestións que o/a aspirante considere de interese ou importancia, con base á descrición das funcións do posto.
Para ver a resolución completa preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal