PETICIÓN DE MEDICIÓN DE RADÓN NOS EDIFICIOS XUDICIAIS

Venres, 10 Mai 2024

A CIG ven de remitir á Dirección Xeral de Xustiza un escrito polo que se solicita a administración a realización de medicións de radón nos órganos xudiciais.

Recentemente, aprobouse unha nova lexislación que busca garantir a seguridade dos traballadores en relación ao radón. Trátase do Regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes, aprobado polo Real Decreto 1029/2022, do 20 de decembro. No mesmo dáse resposta á posible presenza de gas radón en recintos pechados, nos andares ubicados baixo rasante ou baixos.

É por iso que, desde a Central Sindical CIG, sendo a nova lexislación de obrigado cumprimento a partires do 20 de xuño de 2024, solicitamos a medición de radón nos centros de traballo, co fin de coñecer o nivel de exposición dos traballadores/as. No caso de Galiza as medicións deberían de empezar polas provincias de Pontevedra e Ourense xa que son onde se rexistran as porcentaxes máis altas dos niveis de concentracion de dito gas.

Ante esta petición, no día de hoxe o Director Xeral de Xustiza púxose en contacto telefónico con esta central sindical, a fin de indicar a disposición da administración para empezar a realizar xa ditas medicións en dous/tres centros de traballo de cada provincia.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal