SOLICITUDE PARA PERMITIR AO PERSOAL INTERINO MANTERSE NAS BOLSAS ATA OS 67 ANOS DE IDADE
Dados os problemas que determinadas compañeiras/os interinos están a ter coa interpretación que a administración está a facer do artigo 492 da LOPX, diriximos un escrito á Dirección Xeral de Xustiza a fin de que aquelas compañeiras/os interinos que cesen e teñan máis de 65 anos de idade poidan manterse nas bolsas de interinos ata, cando menos, os 67 anos de idade, toda vez que, por aplicación da Lei Xeral da Seguridad Social, todas/os os que cumpran 65 anos a partir do 1 de marzo de 2025 non terán acceso á pensión (salvo que teñan o tempo cotizado requirido) ata cumprir os 67 anos. Así pois, o persoal interino que cumpra o 1 de marzo de 2025 os 65 años de idade, a seguridade social lle esixiría nese momento 66 anos e 8 meses, co que nos iríamos ata o 1 de novembro de 2026 pero, en 2026 xa se esixirían 66 anos e 10 meses, co que a idade de xubilación trasladaríase ao 1 de xaneiro de 2027 que, xustamente, é cando se fixan xa os 67 anos de idade para ter acceso á pensión ao carecer da cotización suficiente.
Para ver o escrito e o xustificante de presentación preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal