
PROBLEMAS COAS ADSCRIPCIÓNS PROVISIONAIS NO CONCURSO DE TRASLADOS DO CORPO DE XESTIÓN

No día de hoxe dirixímonos por correo electrónico á Dirección Xeral de Xustiza toda vez que, na convocatoria do concurso de traslados realizada o pasado 24 de xaneiro, detectamos un problema coas persoas do Corpo de Xestión de novo ingreso en situación de adscripción provisional. A redacción da Resolución do concurso non contempla a situación das persoas do art. 68 apartado b), só as dos apartados a), c) e e). Así que cremos que, se a intención da administración é englobalos no apartado 3 da base segunda, que é a que se refire ás persoas adscritas do 68 c), deberían de facerllo saber aos/as interesados/as, porque ademais no aplicativo de AINOA non teñen a posibilidade de marcar o apartado b), só o c), polo que, ante a intranquilidade que se esta cuestión está xerando, debería de aclararse esta en aras a evitar futuras xudicializacións.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal