PROBLEMÁTICA SOBRE O APARCADOIRO DO PERSOAL DO REXISTRO CIVIL DE VIGO
Despois dunha visita deste sindicato ao Rexistro Civil Exclusivo de Vigo se nos trasladou, por parte das traballadoras/es que, pese a ser funcionarios da Administración de Xustiza en Galiza con destino en Vigo, se atopan que moitas veces non teñen onde aparcar nas proximidades do novo emprazamento do rexistro.
Entendemos que na Cidade da Xustiza contamos con prazas suficientes para que as funcionari@s do rexistro civil poidan aparcar tamén, se o consideraran necesario, toda vez que este servizo e as súas traballador@s seguen integrados na Administración de Xustiza en Galiza.
Para máis inri, entendemos que si se facilitara o anterior, liberaría aparcadoiros para os cidadáns que quixeran acceder ao rexistro civil para facer as súas xestións.
Por todo o exposto solicitamos que por parte da Dirección Xeral de Xustiza se permita que os funcionarios pertencentes ao Rexistro Civil Exclusivo de Vigo poidan utilizar o aparcadoiro da Cidade da Xustiza, tal e como tamén foi peticionado por algúns deles.
Para ver o xustificante de presentación preme na seguinte ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal