PROMOCIÓN INTERNA CORRECCIÓN DE ERROS NA VALORACIÓN DEFINITIVA DE MÉRITOS

Resolución do Tribunal Cualificador Único de 13 de febreiro de 2024
Martes, 13 Feb 2024

ACORDO DO 13 DE FEBREIRO DE 2024 DO TRIBUNAL CUALIFICADOR ÚNICO, POLO QUE SE PROCEDE Á CORRECCIÓN DOS ERROS MATERIAIS DETECTADOS NA VALORACIÓN DEFINITIVA DE MÉRITOS E NA RELACIÓN DE OPOSITORES QUE SUPERARON O PROCESO SELECTIVO PARA INGRESO, POR PROMOCIÓN INTERNA, NO CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, CONVOCADO POR ORDE JUS/241/2022, DO 24 DE MARZO.

O TCU acorda facer pública a valoración definitiva de méritos dos aspirantes que superaron a fase de oposición indicando a puntuación obtida en cada mérito e a total da devandita fase, que figura no Anexo I do presente acordo, procedendo á corrección dos erros materiais detectados nas puntuacións publicadas por este Tribunal con data 18 de xaneiro de 2024.

Facer pública a relación definitiva de aspirantes, por orde de puntuación, de cada ámbito territorial, que superaron o proceso selectivo, conforme ao número de prazas ofertadas, e que figura no anexo II do presente acordo, trasladándose, no seu caso, a corrección dos erros materiais detectados na puntuación da valoración dos méritos á puntuación da fase de concurso.

Os anexos publicados xunto con este acordo deixan sen efecto os anexos anteriormente publicados por este Tribunal o 18 de xaneiro de 2024.

Facer pública a puntuación obtida polos aspirantes que superaron o proceso selectivo polo ámbito do País Vasco, en EUSKERA e Dereito Foral Vasco.

Podes acceder ao acordo completo do TCU e as listaxes de aprobados-as e meritos premendo nas ligazóns:

ACORDO DO TRIBUNAL CUALIFICADOR ÚNICO DE 13 de febreiro de 2024

LISTAXE DE PERSOAS APROBADAS CON PRAZA TODOLOS AMBITOS

Listaxe de méritos definitivo Xestion PI


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal