PROXECTO PILOTO DE FORMACIÓN PRESENCIAL NO USO DE DESFIBRILADORES
Informámosvos de que mañá se publicará na Intranet de Xustiza o anuncio do proxecto piloto de formación presencial no uso de desfibriladores externos automáticos (DEA), promovido pola Dirección Xeral de Xustiza e dirixido a todo o persoal que traballa nos órganos xudiciais de Galiza.
Esta edición contará cun total de 65 prazas. As solicitudes atenderanse por orde de entrada ata cubrir as prazas dispoñibles, tendo en conta a dispoñibilidade en cada sede e a organización dos grupos. A presentación da solicitude non supón a confirmación automática da praza.
As sesións desenvolveranse presencialmente nas sedes da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra, en grupos reducidos. A previsión é realizar a formación antes de finais de 2026.
As persoas interesadas poderán solicitar praza no prazo de cinco días contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio, enviando un correo electrónico a xustiza@xunta.gal cos seguintes datos:
Nome e apelidos.
Órgano xudicial e unidade de destino.
Sede na que solicitan realizar a formación.
Correo electrónico corporativo e teléfono de contacto profesional.
A confirmación da participación, así como a data, o horario e o lugar concreto da sesión asignada, comunicarase a través do correo electrónico facilitado.
Se o número de solicitudes supera as prazas dispoñibles, as persoas que non obteñan praza nesta primeira edición teranse en conta para sucesivas edicións do proxecto.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cigxustiza.acorunha@gmail.com - Compostela:
604 042 377
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal