PUBLICACIÓN DA NOVA REGULAMENTACIÓN DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA
No DOG do 17 de marzo saíu publicada a ORDE do 6 de marzo de 2026 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Tristemente con esta nova regulamentación as persoas solicitantes deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentar a solicitude que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento recollido na resolución de convocatoria ou apertura das listas. O máis curioso é que esa lei de 2003 nunca se aplicou á bolsa de persoal interino de xustiza cando foron aprobadas durante 23 anos varias ordes regulatorias.
A falta dunha negociación real desta bolsa fai que esta nova regulamentación sexa peor que a que a precedía de 2018. Esta mesma falta de negociación é a mesma que a administración mostrou para a resolución que convocará o procedemento, xa que cun simple traslado ás centrais sindicais presentes na mesa sectorial, vaise validar dita convocatoria.
Para ver a orde completa preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal