PUBLICACIÓN DA ORDE DE CONFECCIÓN DE NÓMINAS DO ANO 2026

Luns, 26 Xan 2026

Publicouse no DOG do 26 de xaneiro a ORDE do 23 de xaneiro de 2026, pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2026.

Cuarta. Contía das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia

1. Conforme ao disposto no artigo 25 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que desempeñe as súas funcións no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia percibirá as retribucións que se determinen na Lei de orzamentos xerais do Estado, así como na demais normativa que lle sexa aplicable.

2. No anexo XIX desta orde recóllense as contías das retribucións e dos complementos recoñecidos para o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

3. O persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que teña recoñecido o complemento adicional da traxectoria profesional previsto nos acordos do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020, do 3 de novembro de 2022, do 8 de febreiro de 2024 e do 29 de decembro de 2025 percibirá os importes previstos no anexo XIX bis, en doce pagas de percepción mensual.
O pagamento do complemento recoñecido en virtude do Acordo do 29 de decembro de 2025 producirase de maneira progresiva en tres anualidades; para o ano 2026, o pagamento producirase aplicando unha porcentaxe do 70 %.

4. Os importes das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que non figuren incluídos no anexo XIX, pero que estean recoñecidos expresamente na normativa aplicable, coincidirán cos vixentes en 31 de decembro de 2025 incrementados un 1,5 %.

Para ver o anexo de xustiza na Orde preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal