
PUBLICACIÓN DAS DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS DO CELGA 1, 2, 3 E 4

Publicouse hoxe no DOG a resolución do 11 de abril de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.
– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
10 de maio de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P e Q.
11 de maio de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D e E.
– Celga 4, en Madrid:
10 de maio de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q e R.
11 de maio de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D e E.
– Celga 3, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:
24 de maio de 2025, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:
25 de maio de 2025, para todas as persoas admitidas.
– Celga 1, en Santiago de Compostela:
31 de maio de 2025, para todas as persoas admitidas.
Os centros de realización das probas serán:
– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa Londres, 10) –para o Celga 4, Celga 3 e Celga 2– e a Escola Galega de Administración Pública (rúa Madrid, 2) –para o Celga 1–.
– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n).
– En Madrid: a Casa de Galicia en Madrid (rúa de Casado del Alisal, 8).
As probas comezarán ás 9.00 horas, de modo que as persoas admitidas deberán presentarse, no centro que lles corresponda, con antelación suficiente. Na web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias) tamén se poderá consultar esta información, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade. Así mesmo, na web publicarase, na semana das probas correspondentes, a porta de acceso ao centro e a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita. No caso daquelas persoas ás cales, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e a aula que se lles asigne.
Respecto da proba oral de cada nivel Celga, esta se realizará o mesmo día que a proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral da Lingua, unha vez que remate a proba escrita.
Consulta na seguinte ligazón a publicación no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250423/AnuncioG0766-140425-0001_gl.html
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal