
PUBLICACIÓN LISTAXE ADMITIDAS/OS E EXCLUÍDAS/OS DOS CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS CELGA

Dende o día de hoxe podedes consultar na aplicación web se fostes admitidos/as nos cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga). Se é así teredes que adxuntar a documentación requerida, tendo un prazo dende hoxe até o 29 de novembro.
Documentación:
– Unha copia do DNI ou NIE (esta non será necesaria se a persoa xa foi alumna desa escola).
– O xustificante de ser persoal das diferentes administracións públicas de Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dunha/dun filla/o ou dunha/dun familiar.
– Para o curso medio de linguaxe administrativa, algún dos certificados establecidos no número 3 do punto décimo desta resolución.
– Para o curso superior de linguaxe administrativa, algún dos certificados establecidos no número 4 do punto décimo desta resolución.
– Certificado que acredite que a persoa está gozando ou gozou nos últimos dous anos dunha licenza de maternidade, un permiso de paternidade, unha redución de xornada ou unha excedencia para o coidado de familiares, de ser o caso.
– Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.
A documentación presentarase de forma telemática desde a ligazón https://www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
A falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da listaxe de espera.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal