PUBLICACIÓN NO BOE DA XORNADA DE 35 HORAS SEMANAIS
Hoxe publicouse no BOE a Resolución do 15 de setembro de 2026, pola que se regula a duración da xornada xeral de traballo na Administración de Xustiza, que establece a xornada xeral en 35 horas semanais de traballo efectivo de promedio en cómputo anual, equivalentes a 1.512 horas anuais.
Na Administración de Xustiza na Galiza xa contabamos cunha regulación propia da xornada de traballo que establece unha xornada efectiva de 7 horas diarias durante o horario de inverno (35 horas semanais) e de 6 horas e media diarias durante o horario de verán (32,5 horas semanais).
Desde a CIG Xustiza consideramos que a regulación das 35 horas semanais debe servir para avanzar tamén na mellora das condicións de traballo e na conciliación da vida laboral e familiar do persoal da Administración de Xustiza en Galiza.
Neste sentido, reclamamos que a xornada reducida de verán se aplique con carácter xeral desde o 1 de xuño até o 30 de setembro, ampliando así o período actualmente establecido.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cigxustiza.acorunha@gmail.com - Compostela:
604 042 377
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal