PUBLICACIÓN NO BOE DO REAL DECRETO-LEI DA SUBIDA SALARIAL
Publicouse no BOE do 3 de decembro o Real Decreto-lei 14/2025, do 2 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público. Entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOE pero queda pendente a súa ratificación polo Congreso dos Deputados.
Dito Real Decreto-Lei publicouse en base ao nefasto acordo marco pola mellora do emprego público e o servizo á cidadanía, asinado o 27 de novembro de 2025 polo Goberno de España e as organizacións sindicais UXT e CSIF no que se establece un marco plurianual de incremento retributivo para o persoal ao servizo das Administracións públicas que se estende entre os anos 2025 e 2028.
Unha vez máis duas centrais sindicais estatais, UXT e CSI-F, dan o visto bo a un acordo do goberno para unha subida salarial que non leva aparellada a corrección da perda do poder adquisitivo dos salarios das empregadas/os públicos.
Os atrasos correspondentes a 2025 pagaranse en Galiza no mes de xaneiro, segundo indicou o Director Xeral de Xustiza.
Para ver o Real Decreto-Lei preme na ligazón:
https://www.boe.es/boe/dias/2025/12/03/pdfs/BOE-A-2025-24445.pdf
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal