PUBLICADA A MODIFICACIÓN DA REGULAMENTACIÓN DAS COMISIÓNS DE SERVIZO

Xoves, 12 Set 2024

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 21 de marzo de 2022 pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta modificación so afecta ao apartado 3 do artigo 1 e ao apartado 1 do artigo 4 que quedarán coa seguinte redacción:

O número 3 do artigo 1 queda redactado do seguinte xeito:

«3. Quedan fóra do ámbito desta resolución as persoas que estean en adscrición provisional, excepto o suposto recollido na letra b) do artigo 68 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia».

O número 1 do artigo 4 queda redactado do seguinte xeito:

«1. Na convocatoria de cobertura temporal de postos de traballo mediante comisión de servizos poderá participar o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que estea en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover. Tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira que non teña destino definitivo por atoparse na situación do artigo 68.b) do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia».

Para ver a resolución completa preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal