PUBLICADA NO BOE A DATA DOS EXAMES DE ACCESO AOS CORPOS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO POR QUENDA LIBRE E LISTAXE DE ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
No BOE de hoxe publicouse a listaxe de persoas admitidas e excluídas para as probas de acceso, por quenda libre aos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial.
Tanto as persoas aspirantes excluídas como as omitidas por non figurar nas listas de admitidas nin nas de excluídas poderán subsanar os defectos que motivasen esa exclusión ou omisión nas listas, no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES, contados a partir do día seguinte a publicación de esta orde no BOE.
A subsanación da solicitude ou, no seu caso, a modificación dos datos da mesma, deberá realizarse online a través da aplicación de Inscripción en Probas Selectivas (IPS) do Punto de Acceso Xeral (https://ips.redsara.es/IPSC/secure/ buscarConvocatoriasSubsanar#convocatoriasSubRef).
As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non subsanen a exclusión ou aleguen a omisión xustificando o seu dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Na Orde tamén se publica a data da realización do exame: 03/10/2026.
Accede na seguinte ligazón a publicación completa do BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2026/06/12/pdfs/BOE-A-2026-12731.pdf
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal