PUBLICADA NO BOE A OFERTA DE DESTINOS AUXILIO XUDICIAL ESTABILIZACIÓN ÁMBITO MINISTERIO
No BOE de hoxe (04/06/2026) publícase a oferta de destinos, polo ámbito ministerio, para aquelas persoas que superaron o proceso selectivo de Auxilio xudicial concurso de méritos (proceso de estabilización) convocado pola Orde 1288/2022 de 22 de decembro.
Solicitudes: todas as solicitudes realizaranse de xeito telemático a través do asistente de inscripción: https://pasarela.clave.gob.es/Proxy2/ServiceProvider
Presentación das solicitudes: As solicitudes de destino dos e das aspirantes de este ámbito presentaranse no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte a publicación da presente Orde no BOE. Non se admitirá ningunha solicitude de prazas en formato papel. Na páxina web do Ministerio de Xustiza está dispoñible un Manual do Asistente de Inscrición que serve de guía para a confección da solicitude de prazas. Deberase solicitar, como mínimo, tantas prazas como número de opositor teña.
Ningunha aspirante poderá anular nin modificar a súa solicitude unha vez rematado o prazo de presentación indicado no punto segundo, apartado B de esta orde.
A adxudicación de destinos farase con carácter forzoso.
Os destinos adxudicados terán carácter definitivo equivalente a todos os efectos aos obtidos por concurso, sin que podan participar neste até que non trascurriran dous anos desde a data da resolución na que se adxudique o destino definitivo.Para o cómputo dos dous anos estarase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei Orgánica 6/1985 de 1 de xullo do Poder Xudicial.
Accede a Resolución do BOE na seguinte ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal