REMISIÓN DE SOLICITUDE DE PUBLICACIÓN DOS CÓDIGOS DAS RPT NO CONCURSO DE TRASLADOS DA FASE I
A CIG ven de remitir o 12/11/2025 sendos escritos á Dirección Xeral de Xustiza e ao Ministerio de Xustiza solicitando, en relación co concurso de traslados da Fase I, que dado que a resolución xa está publicada e o prazo de inscrición xa está aberto, se publique a correlación do número de orde e os postos que aparecen no Anexo 1 (así como as que aparecen na aplicación para solicitar a resultas) co código de posto da RPT publicado no correspondente diario oficial.
Con respecto aos futuros concursos de traslados, unha vez rematada toda a fase de acoplamento, solicitamos que se publique directamente cada código de posto da RPT para unha maior transparencia no proceso e que as e os solicitantes teñan a información precisa de que é o que están a pedir.
Para ver os xustificantes de presentación dos escritos preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal