RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS FASE I NUMO

Martes, 05 Mai 2026

Publicouse no BOE e no DOG do 5 de maio a Resolución do 20 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados ordinario para prazas vacantes entre persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 27 de outubro de 2025.

Para o persoal funcionario que estea en activo ou en servizos especiais e non reingrese en ningún dos corpos ou escalas a que se refire o presente concurso, non incluíndose nese punto o persoal funcionario que se encontre reingresado provisional, o cesamento deberá efectuarse nas datas que a continuación se indican:

Tramitación Procesual e Administrativa, o 8 de maio de 2026, venres;

Xestión Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial, o 12 de maio de 2026, martes.

A toma de posesión do novo destino obtido por concurso para o persoal funcionario indicado no punto anterior producirase nos tres días hábiles seguintes ao cesamento, se non hai cambio de localidade do persoal funcionario, ou nos oito días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma, e vinte días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, en que será no mes seguinte, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe como se é o de destino.

Para máis información preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal