RESULTADO DA REUNIÓN DAS CCAA CO MINISTRO POLA FASE III: MORATORIA NON, PERO SI FLEXIBILIDADE

Martes, 23 Dec 2025

O Director Xeral convocou as organizacións sindicais este martes, 23 de decembro, a través de videoconferencia, para dar información sobre o acordado na reunión da Conferencia Sectorial que tivo lugar onte entre o Ministro Bolaños e a representación dos territorios con competencias en Xustiza.

Só Asturias pediu unha moratoria na entrada en funcionamento da NOMO e o Ministerio concedeulla ate o 15 de febreiro. No resto entrará na data prevista pero haberá flexibilidade no desenvolvemento de certos grupos ou cidades máis complexas.
A Dirección Xeral, que non pediu moratoria porque, segundo dixo, implicaría a non entrada en funcionamento dos novos VSM nin a aplicación do acordo económico. A flexibilidade mencionada plasmarase nun cronograma dividido en catro fases, que rematará o 31 de marzo. A falta de que se nos envíe información máis detallada, estas 4 fases serán:

PRIMEIRA.- O 31 de decembro a DX quere ter localizados/as as persoas (tanto do corpo de lax como de corpos xerais) considerados como críticos para o funcioanmento da administración ou que cambien de xurisdición ou área, para que o día 2 teñan os permisos de acceso ao novo destino. Esta fase inclúe tamén ao persoal con código garda para que poidan traballar dende o primeiro momento e probablemente tamén ao persoal de familia, debido ao tema dos internamentos.

SEGUNDA.- Inclúe a todos/as os/as lax e o persoal dos servizos xerais, rexistro e reparto e servizos de comunicacións

TERCEIRA.- Resto de Tribunais de Instancia (esta será, segúndo indicou o director xeral, a máis complexa de levar a cabo)

CUARTA.- Audiencias Provinciais e TSXG

Polo tanto a entrada en funcionamento vai ser gradual ate o 31 de marzo e, ate novo aviso, o persoal afectado non se vai mover da súa ubicación física. Recalcou que o 2 de xaneiro todos/as deberemos ir ao noso posto físico de traballo actual e aí permaneceremos ate nova comunicación.

Agora nos enteramos de que a cidade de Ourense está sendo considerada “cidade piloto” polo que xa hai previstos traslados físicos para unhas datas concretas que non sabemos se se van manter tralo acordado onte.

En canto os permisos de acceso, manteranse os que se teñan actualmente, engadíndose os novos que correspondan. Vai haber unha persoa no CAU que vai a ir orientando esos cambios nos permisos, sobre todo no caso dos auxilios para poder entrar nas salas dos distintos órganos.

O Director aclarou que naqueles servizos ou equipos onde non haxa lax serán as persoas que ostenten as Direccións serán as que asinen nun primeiro momento.

Na súa intervención a CIG manifestouse en contra do xeito no que se está a desenvolver a distribución do persoal entre os grupos funcionais, por medio de decisións arbitrarias e caprichosas en moitos casos, así como o encargo ao persoal de auxilio do carrexo dos expedientes en Ourense, posto que non é un porteo no mesmo edificio, como asegura Tronchoni, senón unha mudanza que debe ser desenvolvida por persoal de mantemento ou encargado expresamente dese labor. E sobre todo rexeitamos ese intento por parte do CXPX e das Presidencias dos TI de considerar a oficina xudicial como o seu “cortijo” no que debe haber persoal adicado exclusivamente á súa asistencia e apoio. Como dixemos na anterior nota, o Director Xeral comparte a nosa postura pero entende que non ten ningún papel nese sentido; mais nós si cremos que debe facerlle chegar a ese colectivo que somos funcionarios/as que traballamos nuns servizos comúns e para un servizo público, non para o seu servizo.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal