RESULTADOS PROVISIONAIS DAS PROBAS CELGA 2, 3 E 4 REALIZADAS NO MES DE NOVEMBRO

Resolución do 29 de decembro de 2023
Mércores, 10 Xan 2024

RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A PUBLICACIÓN DOS RESULTADOS PROVISIONAIS DE PERSOAS APTAS E NON APTAS PARA AS PROBAS DO CELGA 2, 3 E 4

De acordo co previsto no apartado décimo da Resolución do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega no ano 2023 (DOG núm. 167 do 4 de setembro de 2023), RESOLVO: Publicar na web www.lingua.gal os resultados provisionais das probas para a obtención do Certificado de Lingua Galega 2, 3 e 4 (Celga 2, 3 e 4).

Para facilitar a súa localización publícanse por orde alfabética de apelidos.

Segundo o establecido no apartado 11.2 da devandita Resolución, tras se publicaren os resultados provisionais, as persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou á conta de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta. gal, poderán solicitar, no prazo de dez días (ata o 15 de xaneiro), a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida.

Os resultados definitivos das probas publicaranse na web www.lingua.gal, no prazo máximo de catro meses desde a súa realización.

CELGA 2

Listaxe provisional de persoas aptas e non aptas de Santiago de Compostela

Listaxe provisional de persoas aptas e non aptas de Ponferrada

CELGA 3

Listaxe provisional de persoas aptas e non aptas de Santiago de Compostela

Listaxe provisional de persoas aptas e non aptas de Ponferrada

CELGA 4

Listaxe provisional de persoas aptas e non aptas de Santiago de Compostela

Listaxe provisional de persoas aptas e non aptas de Ponferrada

Para acceder a resolución completa  PREME AQUÍ


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal