REUNIÓN CO MINISTERIO SOBRE RPTS DO SEU TERRITORIO

Xoves, 06 Feb 2025

Este mércores día 5 comezou no Ministerio a negociación das RPT dos partidos xudiciais e oficinas de xustiza municipais da Fase I do seu ámbito, continuando hoxe xoves 6.

Dado que no noso país non temos nova oficina xudicial e as rpts existentes son mínimas, entendomos necesaria a nosa presencia nestas mesas para ir coñecendo como se desenvolve o proceso nese territorio, dado que polo que parece a DX vai seguir ao pé da letra o que o Ministerio estableza, aínda que este deixa certa marxe de actuación ás outras Administracións
con competencias.

Neste sentido, as principais observacións foron as seguintes:

A) Con respecto ás oficinas de xustiza municipais, actuais xulgados de paz, os borradores do Ministerio contemplan a compatibilidade en todas as prazas de corpos xerais de todos os órganos coa oficina xudicial da cabeceira do partido. A esta situación a CIG manifestou que non se pode establecer así de xeito xeral, que hai que analizar a carga de traballo de cada oficina, polo que o Ministerio debe facilitar ese dato antes de establecer a compatibilidade.E debe por suposto concretar que significa e a que funcións afectaría. Dado que as oficinas de xustiza nos municipios teñen competencias en actos de comunicación, deberán ter un complemento semellante ao que ten o persoal que os practiquen na oficina xudicial do Tribunal de Instancia.

B) Con respecto ás oficinas xudiciais das poboacións de menos de cinco órganos mixtos, a intención do Ministerio é crear un Servizo Común único en cada poboación. Neste sentido, deben individualizarse os postos afectados no caso de existencia de centros penitenciarios no partido xudicial.

C) Con respecto ás rpt do Rexistro Civil, solicitouse que nas poboacións pequeñas debe figurar a compatibilidade do persoal do corpo de LAX coas labores de dirección da oficina xudicial. Nas máis grandes, o Ministerio propón que sexan as persoas que
ostenten a Dirección dos Servizos Comúns Xerais os que teñan a compatibilidade co RC. O Ministerio propón que sexa por Libre Designación cando haxa separación de servizo, algo ao que a CIG se opón, denfendendo a cobertura por concurso específico.

D) Órganos con competencia en violencia de xénero. A CIG solicitou que en todos aqueles servizos onde se desenvolvan competencias de violencia de xénero haxa prazas específicas que ocupen persoas formadas na materia, cun complemento específico propio.

Dada a complexidade da materia e a necesidade de estudiar a situación de cada partido xudicial, a negociación retomarase o xoves que ven.

Aproveitando a reunión, as organizacións sindicais volvemos preguntar polo concurso de traslados, confirmando o Ministerio a resolución a finais de abril. Ante as manifestacións do Subdirector da posibilidade de convocar en maio o concurso das pequenas poboacións, a parte sindical rexeitou que se saque sen ter en conta as rpts nin o posible incremento de prazas, posto que para iso non facía falta retiralas do concurso actual.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal