REVALORIZACIÓN DAS PENSIÓNS PARA O 2025

Mércores, 16 Abr 2025

Hoxe publicouse no BOE o Real Decreto 316/2025, de 15 de abril, sobre limitación da cuantía inicial das pensións públicas e revalorización das pensións do sistema da Seguridade Social, das pensións de Clases Pasivas do Estado e de outras prestacións sociais públicas para o exercicio do 2025.

Este real decreto establece que o límite da cuantía inicial das pensións públicas será de 3.267,60 euros mensuais ou 45.746,40 euros anuais, incluídas as pagas extraordinarias que puideran corresponder ao seu titular. 

Así mesmo, de acordo co artigo 65 a revalorización xeral das pensións e de outras prestacións aboadas polo sistema da Seguridade Social, asi como das Clases Pasivas do Estado será do 2,8 por ciento.

Igualmente, o artigo 65 dispón unha revalorización das cuantías mínimas das pensións de Clases Pasivas do Estado e das pensións do sistema da Seguridade Social na súa modalidade contributiva, así como das pensións non concurrentes do extinguido Seguro Obrigatorio da Vellez, resultante de aplicar o 2,8 por cento a contía vixente a 31 de decembro de 2024, así como, cando proceda, o incremento previsto na disposición adicional quincuaxésima terceira do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

A efectos de aplicar o citado límite máximo as pensións de gran invalidez, computarase unicamente a pensión, sen o complemento.

As pensións revalorizaranse ao comezo de cada ano na porcentaxe equivalente ao valor medio das taxas de variación interanual expresadas en tanto por cento do Índice de Prezos ao Consumo dos doce meses previos a decembro do ano anterior.

A CIG reclama que:

- Recuperación do poder adquisitivo que se perdeu coa introdución no ano 2021 do índice do IPC medio.

- A fixación por lei da pensión mínima igual ao Salario Mínimo Interprofesional. O SMI no 2025 debería ser de 1.320,04€, que é o 60% do salario medio, tal e como se recolle na Carta Social Europea. A pensión mínima debería ser tamén desa contía. Xa que a pensión media galega está case 15 puntos por debaixo da estatal, chegando os 173 euros menos ao mes, o que sitúa a Galiza en segunda posición, pola cola, coas pensións máis baixas do Estado.

- A recuperación dos dereitos perdidos en canto ás pensións, demandando a derrogación das reformas das pensións, desde a de 2011, até o último acordo de reforma deste ano, que vai dificultar aínda máis o acceso á pensión para moitos traballadores e traballadoras.

- Recuperación do dereito á xubilación parcial aos 61 anos para todas as persoas traballadoras e sectores.

- Xubilación aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter 35 anos cotizados, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.

- Recoñecemento por lei e mellora dos procedementos para acceder aos coeficientes redutores para anticipar a xubilación sen recortes e con todos os dereitos.    

 

Consulta o RD completo publicado no BOE na seguinte ligazón: 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal