
SERVIZO DE QUENDAS OURENSE

SERVIZO DE QUENDAS DE AUXILIO XUDICIAL
A XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE PRETENDE POÑER O SERVIZO DE NOVO EN MARCHA
As persoas interesadas deberán formalizar a súa solicitude ante a Xefatura Territorial de Ourense a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX).
As quendas serán de dispoñibilidade permanente, voluntaria e retribuída, por períodos de 15 días.
A participación nas quendas dará dereito á percepción de 111,45 euros por cada período de 15 días de dispoñibilidade, sen prexuízo das retribucións que poidan corresponder pola prestación do servizo de garda.
A dispoñibilidade entenderase referida a calquera órgano da localidade onde o persoal funcionario teña o seu posto de traballo e a calquera orde xurisdicional.
Inicialmente preténdese formar dúas quendas integradas por 3 persoas cada unha.
Debido á necesidade de que as quendas se poñan en funcionamento á maior brevidade, iranse integrando as persoas segundo vaian solicitando.
No caso de que fora necesario establécense os seguintes criterios de preferencia:
1º. Que a persoa solicitante pertenza a unha unidade na que haxa máis dun auxilio.
2º. Non ter prolongación de xornada.
3º A antigüidade no corpo. Durante os períodos de vacacións máis complicados (nadal, verán e setembro) deberá procurarse que a lo menos haxa 3 persoas dispoñibles en cada quenda podendo repetir quincena.
Se queres ver a resolución completa preme no enlace:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal