SESIÓNS FORMATIVAS DE DICIREG
Na intranet xudicial publicouse a seguinte nova en relación coa apertura do prazo de inscrición das sesións de capacitación tecnolóxica do sistema DICIREG durante o mes de abril, dirixidas ás oficinas xerais e colaboradoras dos rexistros civís.

Cada curso consta de dúas sesións telepresenciais:
- Sesión 1: Capacitación tecnolóxica (común para oficinas xerais e colaboradoras).
- Sesión 2: Capacitación tecnolóxica e repaso de dúbidas (sesión diferenciada para oficinas xerais e colaboradoras).
É necesaria a asistencia de todas as persoas incorporadas recentemente aos rexistros civís. Así mesmo, recoméndase a participación do resto do persoal que precise reforzar coñecementos no sistema DICIREG.
Pasos para realizar a inscrición nas sesións
- 1) Accede á actividade na plataforma de formación. Se non iniciaches sesión, deberás introducir o teu usuario da Xunta ou correo corporativo e o contrasinal.
- 2) Matricúlate na actividade premendo o botón "Matricularme".
- 3) Xa podes acceder aos contidos didácticos de autoformación!
- 4) Unha vez que accedas, reserva a túa praza na sesión de formación que desexes premendo "Reservar agora".
- 5) Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a túa praza, deberás conectarte á sesión o día e a hora correspondentes.
Para máis información preme nesta ligazón da INTRANET:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal