SINATURA DO CONVENIO ENTRE AMTEGA E O MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS
Publicouse no BOE do 30 de outubro a Resolución do 16 de outubro de 2026, da Secretaría de Estado de Xustiza, pola que se publica o Convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para a prestación de servizos adicionais sobre as solucións tecnolóxicas cedidas en virtude do Convenio de Transferencia de Solucións Tecnolóxicas en materia de Xustiza.
Este convenio esta previsto para o soporte e implantación das aplicacións Minerva, Atenea, Horus, Axenda de sinalamentos, Wasmin, etc.
No convenio recóllese por fin que tanto na comisión de seguemento como no comité técnico deben de implementarse accións en materia de cooficialidade lingüistica para que as aplicacións poidan realmente funcionar en galego, por iso en dous apartados do mesmo recóllese:
"...O impulso dos plans de traballo ou colaboración que permitan garantir o cumprimento a normativa vixente en materia de cooficialidade lingüística , de seguridade, ou de calquera outra que teña impacto no SGP. Establécese expresamente que as
accións necesarias para a implementación do multilingüismo nos sistemas serán en todo caso responsabilidade da Xunta de Galicia..."
"... O comité técnico establecerá os plans de traballo ou colaboración necesarios para garantir o cumprimento da normativa vixente, en particular en materia de cooficialidade lingüística, de seguridade, ou de calquera outra que teña impacto no SGP aos fins de apoiar a implementación do multilingüismo nos sistemas desenvolvidos pola Comunidade Autónoma, sen prexuízo de que devandita implementación e as accións necesarias para a súa execución sexan responsabilidade exclusiva da Xunta de Galicia...."
Para ver o convenio preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cigxustiza.acorunha@gmail.com - Compostela:
604 042 377
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal