SISTEMAS ACTUAIS DE COMUNICACIÓN COA MUXEXU

Martes, 21 Out 2025

O pasado día 17 de outubro, na páxina web da Muxexu publicouse a seguinte nota informativa sobre os medios actuais de comunicacion que se teñen que empregar para acceder aos distintos servizos:

"Tendo en conta a preferencia normativa polo uso nas comunicacións a través de rexistros electrónicos, sedes electrónicas, correo electrónico certificado e outros medios dixitais que permitan unha xestión máis eficiente e segura e, considerando ao fax un medio obsoleto e cun uso moi residual na actualidade, procedeuse á desactivación do servizo de todos os números de fax de MUGEJU.

Lembramos que as persoas mutualistas en activo deben realizar as solicitudes de trámites de MUXEXU a través de medios electrónicos, conforme ao disposto no artigo 14.2 e) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, con excepción dos visados de receitas.

Pode acceder á nosa sede electrónica en https://sedemugeju.gob.es

As persoas mutualistas xubiladas ou aquelas que xustifiquen problemas de acceso aos medios electrónicos poden presentar a súa solicitude presencialmente nas oficinas de MUGEJU, ou en calquera dos demais lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Nas delegacións de Madrid e Barcelona, recomendamos pedir cita previa para garantir un mellor servizo. Pode solicitar a súa cita por teléfono ou a través da seguinte ligazón.

Para ser atendidos telefonicamente polos nosos servizos centrais poden chamar ao número 915 860 300, de luns a venres de 9:00 a 14:00.

Tamén pode contactar connosco enviando un correo electrónico a mugeju@justicia.es

Dispón dos datos de contacto das nosas Delegacións Provinciais aquí: Delegacións provinciais | Mutualidade Xeral Xudicial


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal