SITUACIÓN DE ATASCO NO XULGADO DE ORTIGUEIRA
O xulgado de Ortigueira, como tantos outros xulgados únicos (agora denominado Tribunal de Instancia de Ortigueira) pecan de ter un cadro de persoal excesivamente pequeno, o que fai que a tramitación dos expedientes xudiciais se retrase considerablemente. A nova estructura xudicial, lonxe de arranxar nada o que fai e constatar esa falta de persoal, pois en Ortigueira (como na maioría dos partidos xudiciais), nada mudou coa nova denominación e organización, xa que segue a haber os mesmos funcionarios/as, os mesmos xuices/zas e os mesmos letrados/as que antes da reforma e, mentras tanto, os asuntos seguen aumentando.
Ainda que ata fai pouco este xulgado tivo un xuiz de reforzo que aliviou en parte a carga de traballo existente, o que nos amosa a realidade e que os seis funcionarios existentes non poden sacar maís traballo do que sacan polo que ainda cun xuiz de reforzo os asuntos seguirían tendo un retraso considerable.
A ver se a Xunta se aplica agora e, dado que non se creará o xulgado nº 2 de Ortigueira, a ver se cando menos aumentan o persoal do xulgado, posto que actualmente dos seis funcionarios existentes dous (un do corpo de xestión e outro do corpo de tramitación) terían que atender ao Rexistro Civil e non o están a facer, ou o están a combinar co traballo no xulgado co que, nin se pode sacar ben o traballo do xulgado, nin se pode sacar ben o traballo do Rexistro Civil.
Ligazón nova "La Voz de Galicia":
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal