SOBRE REFORZOS, PROLONGACIÓNS E SUBSTITUCIÓNS...

Venres, 05 Abr 2024

O pasado mércores a Dirección Xeral de Xustiza facilitounos a listaxe de reforzos (71) e prolongacións de xornada (92 en 65 unidades) existentes na actualidade en Galicia.

Ao respecto a CIG manifestoulle á DXX que non entendemos que, con motivo da implantación de DICIREG, se nomee persoal de reforzo do corpo de auxilio nalgúns sitios e de tramitación noutros, cando en todas as ocasións debera ser do segundo. Tampouco entendemos que sigan sen nomearse reforzos en sitios cunha situación calamitosa, como é o caso de Xinzo, onde o volume de traballo é inabarcable polo persoal existente, sendo xa unha necesidade estrutural a ampliación do cadro de persoal.

En canto ás prolongacións de xornada, hai casos flagrantes de órganos con moitísimo traballo aos que se lles denegan as prolongacións de xornada e outros aos que se lles conceden que teñen difícil xustificación. Dá a impresión de que dependen, ás veces, de quen as solicite. Pero tampouco é algo novo.

Por último, manifestamos o noso desacordo con que se cese a titulares cando a persoa á que substitúen muda dunha comisión de servizo a outra sen interrupción. Non se produce en ningún momento a incorporación do titular e tampouco muda o motivo da substitución, que segue a ser a comisión de servizo. Pensamos que esa interpretación non é acorde co establecido coa xurisprudencia, que só contempla a obriga de volver a ofertar unha substitución cando muda o motivo ou causa, pero entendemos que mudar dunha comisión a outra , dun día para o outro, non é un cambio de motivo que xustifique o cesamento na substitución.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal