
SOLICITAMOS QUE A PRAZA DE DIRECTOR/A DO IMELGA SE DOTE DEFINITIVAMENTE

No día de hoxe remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza co seguinte texto, solicitando que a praza de Director/a do Imelga deixe de estar cuberta en comisión de servizos e saia a provisión por libre designación; sistema establecido na RPT para dita praza:
"Por medio do presente e, á vista da convocatoria en comisión de servizos da praza de Director/a do Imelga en Santiago de Compostela, publicada o pasado 20 de xaneiro de 2025, indicar que dita praza non pode seguir estando dotada en comisión de servizos de xeito indefinido, posto que a normativa (Resolución do 21 de marzo de 2022 da Dirección Xeral de Xustiza) indica claramente que o posto vacante cuberto por comisión de servizos será incluído, de ser o caso, polo sistema que corresponda, na seguinte convocatoria para a súa provisión definitiva, polo que a convocatoria de comisión de servizos debe ser anulada e procederse ao anuncio da provisión do posto polo sistema de libre designación, xa que doutro xeito da a sensación que a administración esta “reservando” esa praza a través da provisión temporal da mesma polo sistema de comisión de servizos, a fin de que non se dote definitivamente. A expresión “de ser o caso” refírese claramente ao feito de que a praza siga vacante non a “por que lle de a gana” a administración non sacala a provisión definitiva. Ademais a administración non motiva na resolución de convocatoria porque volve a sacar esa praza a comisión de servizos e nin tan sequera menciona que o fai para ter tempo de provela definitivamente. Ademais minte ao indicar que a mesma parece como que a praza vacante acaba de producirse ou que está a punto de facelo, cando dita praza leva vacante desde moito antes da anterior adxudicación en comisión de servizos 20/02/2023 (xa que estivo ocupada en comisión de servizos sen relevación de funcións), o que aparentemente está a amosar unha posible fraude de lei por parte da Dirección Xeral de Xustiza, ao empregar un sistema de provisión temporal de xeito continuo e fraudulento, sen dar posibilidades de acceso á provisión definitiva de dita praza ao resto de médicos/as forenses.
Por todo ao anterior solicítase a anulación da convocatoria de provisión en comisión de servizos da praza XG9251810015770301.01 ou, de manterse a mesma en base ao establecido no artigo 13.4 da citada Resolución, se proceda con carácter inmediato á súa convocatoria ordinaria polo sistema de libre designación."
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal