SOLICITUDE DE COBERTURA DE PRAZAS DESCOCUPADAS E REFORZOS NO TRIBUNAL DE INSTANCIA EN PONTEAREAS

Martes, 02 Xun 2026

Desde o pasado 24 de abril, os Xulgados de Primeira Instancia de Ponteareas permanecen sen cubrir unha praza do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa adscrita ao Decanato. Esta situación está a xerar importantes problemas organizativos e unha evidente sobrecarga de traballo para o persoal existente.

A ausencia desta persoa funcionaria obriga ao resto do persoal a asumir, ademais das súas funcións ordinarias, as tarefas propias do Decanato, incluíndo o reparto de demandas, escritos e demais documentación de entrada. Esta circunstancia provoca que o persoal teña que realizar quendas rotatorias para atender estas funcións, afectando ao desenvolvemento normal do traballo diario.

Ademais, a situación agrávase polo feito de que pode coincidir nunha mesma persoa funcionaria a realización das funcións propias do seu posto, as tarefas derivadas do Decanato e, ao mesmo tempo, a prestación do servizo de garda, o que supón unha carga de traballo difícilmente asumible e incompatible cunha organización eficiente do servizo.

A esta problemática súmase que, desde hoxe, os xulgados quedan tamén sen unha persoa do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa e outra do corpo de auxilio.

O funcionario do Corpo de Xestión viña desempeñando funcións na área de violencia sobre a muller. Trátase dun servizo especialmente sensible e prioritario, polo que resulta imprescindible a cobertura inmediata desta praza para garantir unha atención adecuada ás vítimas e a correcta tramitación dos procedementos.

Así mesmo, a falta dun funcionario/a do corpo de auxilio incrementara as dificultades organizativas e a presión sobre o persoal restante.

Por outra banda, consideramos igualmente necesaria a concesión dun reforzo para a xurisdición penal, tendo en conta a carga de traballo existente e a acumulación de tarefas que están a asumir os distintos corpos ao servizo da Administración de Xustiza. Este reforzo permitiría mellorar a resposta xudicial, reducir demoras e contribuír a unha organización máis eficiente.

Por todo o exposto, solicitamos á Dirección Xeral de Xustiza a cobertura urxente, unha do corpo de tramitación, unha do corpo de xestión e outra do corpo de  auxilio, así como un reforzó do corpo de tramitación para a parte penal, co obxectivo de garantir un funcionamento adecuado do Tribunal de Instancia de Ponteareas.

Estas medidas non só son necesarias para protexer os dereitos laborais do persoal funcionario, senón tamén para asegurar unha prestación áxil, eficaz e de calidade do servizo público da Xustiza, en beneficio da cidadanía, que ten dereito a recibir unha atención adecuada e sen demoras.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal