SOLICITUDE DE CONVOCATORIA DA PRAZA DE DIRECTOR/A DO IMELGA
Por medio do presente e, toda vez que a praza de Director/a do IMELGA (Código XG9251810015770301.01) xa foi cuberta provisionalmente, por medio de comisión de servizos e por máis de dous anos, superándose polo tanto o prázo máximo establecido na lexislación vixente, é polo que se solicita que dita praza saia convocada polo procedemento de libre designación; sistema que é o que está previsto na correspondente relación de postos de traballo, xa que na Resolución do 21 de marzo de 2022 da Dirección Xeral de Xustiza (que lle sería de aplicación) e tamén na actual Resolución do 19 de decembro de 2025, indícase claramente que o posto vacante cuberto por comisión de servizos no pode estar nesa situación máis de dous anos e polo tanto debe de procederse a súa cobertura definitiva polos sistemas de provisión previstos legalmente.
Por todo iso solicitamos que se convoque o antes posible a praza con código XG9251810015770301.01, correspondente á Dirección do Imelga en Santiago de Compostela, polo sistema de libre designación establecido na RPT, toda vez que o tempo de duración da actual comisión de servizos xa expirou.
Para ver o xustificante de presentación do escrito preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal