
A CIG SOLICITA A SUSPENSIÓN DE PUBLICACIÓN DA NOVA BOLSA DE PERSOAL INTERINO

Debido á actual negociación dos artigos 489 e 489 bis da LOPX sobre persoal interino, que a CIG está a levar a cabo neste momento co Ministerio de Xustiza no seo da Mesa Sectorial, fai aconsellable acordar a suspensión da publicación da nova bolsa de persoal interino de Galiza, toda vez que de non facerse así podería existir unha dobre penalización para dito persoal, xa que no último borrador da bolsa, que a Dirección Xeral de Xustiza deu por negociado, prevíase que aquelas/es traballadoras/es que tiveran máis de 18 meses traballados irían ao final da bolsa respectiva, mentras que os novos artigos da LOPX establecerían que "...Non se poderá nomear ata pasados seis meses a aquelas persoas que acumulen un período total que supere os dous anos de traballo...". Por este motivo, vimos de solicitarlle hoxe á Dirección Xeral de Xustiza que suspenda a publicación da nova bolsa, en tanto en canto non se publique a modificacion referida da LOPX, ao que se accedeu por parte dos responsables da dirección xeral, a fin de evitar a dobre penalización que se puidese establecer.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal